Un futbolista de 19 anos, entre os falecidos tras caerse dun avión en Cabul

As escenas vividas estes días no Aeroporto Internacional Hamid Karzai evidencian a desesperación de quen intentan saír da cidade
Zaki Anwari. EP
photo_camera Zaki Anwari. EP

As autoridades de Afganistán informaron de que entre as persoas que perderon a vida o luns tras empolicarse a un avión militar de Estados Unidos en pleno despegamento figura un mozo de 19 anos identificado como Zaki Anwari e xogador da selección xuvenil de fútbol. 

A Dirección Xeral de Educación Física e Deportes confirmou en Facebook que o mozo "perdeu a vida nun tráxico accidente". Anwari, como "centos de mozos", intentaba abandonar o país cando "caeu desde un avión militar estadounidense". 

As escenas vividas estes días no Aeroporto Internacional Hamid Karzai evidencian a desesperación de quen intentan saír de Cabul tras a conquista talibán da capital afgá, onde a situación segue sendo confusa cinco días logo da toma insurxente. 

As imaxes difundidas o luns en redes sociais e polos medios locais mostraron a varias persoas caendo ao baleiro tras subirse de forma precaria aos laterais dun dos avións que participan nas tarefas de evacuación lanzadas por gobernos estranxeiros. 

Comentarios