Un home morde a unha serpe que o mordera primeiro

O mozo foi trasladado inmediatamente ao hospital en estado crítico. O médico que o atendeu afirmou que nunca se atopara cun caso así 
photo_camera Serpe. DP

"Atendín xente con mordeduras de serpe, pero nunca vira a ninguén que mordese a unha serpe e a trouxese nunha bolsa", foron as palabras do médico.

Os feitos sucederon na India. Raj Kumar atopábase na súa casa cando a serpe entrou na vivenda e o atacou. O home, que estaba a beber alcol, decidiu tras a dentada que a súa mellor opción contra o animal era atacarlo do mesmo xeito, polo que respondeu mordéndoa tamén.

Ningún dos dous saíu ileso. "Unha serpe mordeulle. Despois, el mordeuna e masticó os seus anacos", explicou Babu Ram, o pai do mozo. A familia tamén levou ao hospital os restos da serpe para que os médicos a visen. "Isto é moi estraño", declarou o doutor que o atendeu. “Vin a persoas que chegan con mordeduras de serpes, pero nunca alguén que mordeu  a unha serpe e a trouxo con el nunha bolsa”, engadiu.

As probas realizadas indicaron que a serpe non tiña veleno.

Comentarios