Os incendios que arrasan Turquía cobráronse xa oito vidas

Os lumes destruíron grandes extensións agrícolas, vivendas e granxas e obrigaron á evacuación de aldeas e hoteis
Un hombre huye de los incendios forestales en el distrito rural de Marmaris. ERDEM SAHIN (Efe)
photo_camera Un home foxe dos incendios forestais no distrito rural de Marmaris. ERDEM SAHIN (Efe)

Os incendios que esta semana devastan o sur e oeste de Turquía xa se cobraron oito vítimas mortais, ademais de destruír grandes extensións agrícolas, vivendas e granxas e obrigar á evacuación de aldeas e hoteis, segundo indicaron este domingo as autoridades turcas.

O municipio máis afectado é Manavgat, na costa mediterránea, a uns 60 quilómetros ao leste de Antalya, capital provincial desta zona turística, onde o lume segue fóra de control desde o mércores.

"No incendio de Manavgat perdemos sete vidas, dúas deles recentes. Das 507 persoas afectadas polo lume, 497 foron dadas de alta e 10 seguen baixo tratamento", indicou este domingo na súa conta en Twitter o ministro de Saúde turco, Fahrettin Koca.

Os bombeiros descubriron este domingo os corpos sen vida dun home turco e a súa esposa alemá, no oliveiral preto da súa casa rural, que fora pasto das chamas.

Este sábado atopáronse os cadáveres de dous bombeiros que foron atrapados no seu vehículo o venres, e que se sumaban ás tres vítimas mortais rexistradas o xoves.

Aos sete falecidos en Manavgat súmase un mozo que morreu o venres ao intentar axudar os bombeiros na zona turística de Marmaris, na costa do mar Exeo, co que o saldo total ascende a 8 vítimas mortais.

As chamas seguen avanzado na zona de Marmaris e este domingo, as autoridades ordenaron a evacuación de Turunç, unha urbanización turística situada a uns oito quilómetros ao sur da cidade.

O Ministerio de Defensa turco anunciou que desprazou dous buques á zona para axudar na evacuación por mar, se fixese falta, informa o diario Hürriyet.

Tamén está moi afectada a zona turística de Bodrum, situada do mesmo xeito que Marmaris na provincia occidental de Mugla, onde nos últimos días se tiveron que evacuar aldeas, barrios e hoteis ante a expansión do lume.

O ministro de Agricultura e Bosques turco, Bekir Pakdemirli, detallou este domingo que xa se conseguiron controlar 111 focos no país pero que seguen as tarefas de extinción en seis incendios: dous na provincia de Antalya, tres en Mugla e un en Tunceli, en Anatolia central. 

Comentarios