I have dreamt about this moment since I was a child, but going to space was more magical than I ever imagined https://t.co/Wyzj0nOBgX < href="https://twitter.com/hashtag/Unity22?src=hash&ref_src=twsrc%5Etfw">#Unity22 < href="https://twitter.com/virgingalactic?ref_src=twsrc%5Etfw">\
virgingalactic < href="https://t.co/grs7vHAzca">pic.twitter.com/grs7vHAzca <> — Richard Branson (\richardbranson) July 11, 2021<> O empresario e filántropo británico Richard Branson alcanzou este domingo o espazo a bordo do avión VSS Unity,que partiu desde a base Spaceport America, no deserto de Novo México.
Tras un atraso de hora e media debido ás condicións do tempo, o avión espacial da compañía Virgin Galactic despegou ao redor das 08.40 hora local (12.40 GMT) montado sobre a nave propulsora VMS Eve e cos seis membros da súa tripulación a bordo, incluído Branson, o fundador da firma.
O avión, con dimensións similares ás dun jet privado, separouse de forma fluída da nave VMS Eve, chamada así en honra á nai de Branson, tras alcanzar unha altura duns 10.000 pés (pouco máis de 3 quilómetros), para logo continuar a súa viaxe cara ás fronteiras do espazo e a unhas 50 millas sobre a superficie da Terra.
á súa chegada Branson, de setenta anos, foi recibido na pista de aterraxe por tres dos seus fillos e ante a presencua dunhas 200 persoas.
"Nada che pode preparar para algo así", declarou o magnate, que ao seu regreso recibía de mans do astronauta Chris Hadfield as chamadas "ás", que o acreditan como astronauta.
The #Unity22 floating in zero gravity. Watch the flight at https://t.co/5UalYT7Hjb \
richardbranson < href="https://t.co/4DhVQHF97Ou">pic.twitter.com/4DhVQHF97Ou <> — Virgin Galactic (\virgingalactic) July 11, 2021<>