Máis de 1.500 surcoreanos presentan unha demanda colectiva a Volkswagen

Esixen a cancelación das súas compras e o reembolso do prezo dos automóbiles que compraron á marca
Logotipo de Volkswagen junto a un semáforo
photo_camera Logotipo de Volkswagen junto a un semáforo

Máis de 1.500 propietarios de automóbiles Volkswagen e Audi en Corea do Sur presentaron unha demanda colectiva contra o xigante alemán do motor para esixir a cancelación das súas compras e o reembolso do prezo, informou este mércores a axencia local de noticias Yonhap. Os demandantes, que suman un total de 1.536, presentaron a reclamación nun xulgado de Seúl ao considerar que foron enganados por Volkswagen cando a firma trucou os motores para maquillar as emisións de gases contaminantes dos vehículos diésel.

A empresa legal que coordina aos propietarios afectados asegura que en total máis de 6.000 persoas presentaron documentos para unirse á iniciativa, polo que o número de demandantes crecerá nas próximas semanas. Estes esixen a Volkswagen que anule os seus contratos de compra, acepte a devolución dos vehículos e lles reembolse a totalidade do importe, ademais de compensalos con máis diñeiro polo exceso de consumo durante o tempo de uso.

A noticia chega despois de que o fabricante alemán comezase o luns a ofrecer vales de mil dólares (930 euros) aos clientes afectados en EEUU. No caso de Corea do Sur de momento Volkswagen non mencionou plan ningún de compensación, xa que a investigación do Ministerio de Medio Ambiente de Seúl aínda está en curso e os seus resultados publicaranse previsiblemente antes de finais deste mes.

Comentarios