Polo menos tres mortos e varios feridos nun tiroteo en Maryland

O agresor foi detido e atópase en estado crítico

Tiroteo en Maryland. SCOTT SERIO
photo_camera Tiroteo en Maryland. SCOTT SERIO

A Oficina do Xerife do condado de Harford (Maryland, Estados Unidos) informou dun tiroteo este xoves con varios mortos e feridos na poboación de Aberdeen. "Podo confirmar múltiples mortos e múltiples feridos", dixo en rolda de prensa o xerife, Jeffrey Gahler, que non precisou a cifra de vítimas.

O presunto autor dos disparos está "baixo custodia e en condición crítica" nun hospital, agregou. As autoridades recibiron a alerta sobre o tiroteo ás 09.06 hora local (13.06 GMT) e nuns cinco minutos despregáronse no lugar, precisou o xerife.

Segundo medios estadounidenses, polo menos tres persoas morreron e outras dúas resultaron feridas no suceso, que ocorreu nun centro de distribución da cadea de farmacias Ride Aid.

Unha portavoz da farmacéutica, Susan Henderson, confirmou á CNN que o tiroteo tivo lugar nas súas instalacións, onde traballan un milleiro de persoas. Aberdeen é unha localidade duns 14.000 habitantes situada a 55 quilómetros ao norte de Baltimore.

Comentarios