"Á merda!", o ministro de Luxemburgo estala ante o discurso xenófobo de Salvini

O ministro Asselborn perde a paciencia co italiano tras dicir este que "algúns prefiren novos escravos a ter máis fillos". Tamén lle recorda as "ducias de milleiros de italianos que foron a Luxemburgo" a gañarse a vida

O  ministro de Exteriores de Luxemburgo, Jean Asselborn, e o titular de Interior italiano e líder da liga, Matteo Salvini, protagonizaron este venres unha tensa pequena liorta en Viena. A tensión adoita ser normal pero non é tan frecuente que os choques se fagan diante das cámaras e gritando "alors merde" (á merda).

PEQUENA LIORTA. Salvini, encantado na polémica, tiña a quenda de palabra e aproveitou para lanzar varias pullas. Criticou que o seu colega luxemburgués dixese que Europa necesita inmigrantes ante o envellecemento da súa poboación.

Sostivo que el prefería traballar para que os mozos italianos volvan ter fillos en lugar de ter "escravos africanos".

Salvini insistiu en que mentres Luxemburgo quere máis inmigrantes el prefire "axudar aos italianos a facer máis fillos".

Ante ese ataque verbal, Asselborn sacouse frustrado os auriculares para a tradución simultánea e dixo: "¡E unha merda!". Este encontrón foi exemplar para ver a falta de entendemento entre os socios comunitarios para enfrontar a migración.

Comentarios