O ministro de Sanidade alemán cre que a pandemia terminará na primavera

Considera improbable que xurdan novas variantes contra as que as vacinas non ofrezan protección
Vacunas contra el covid. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Vacunas contra o covid. VICTORIA RODRÍGUEZ

O ministro de Sanidade alemán, Jens Spahn, considera que a pandemia terminará na primavera do ano próximo, cando poderá haberse alcanzado a inmunidade de rabaño, a condición de que non xurdan novas variantes do coronavirus contra as que as actuais vacinas non sexan efectivas. "Se non xorden novas variantes contra as que as vacinas non ofrezan protección, o que é moi improbable, alcanzaremos a inmunidade de rabaño na primavera e poderemos volver á normalidade", dixo Spahn en declaracións ao diario Augsburger Allgemeine.

"Sempre se alcanza a inmunidade de rabaño, a cuestión é se se alcanza coa vacinación ou co contaxio. A vacinación é o camiño máis seguro", engadiu.

Spahn advertiu que quen se negue a vacinarse con gran probabilidade terminará contaxiado e dixo que non se podía subestimar ese perigo, a pesar de que as cifras en Alemaña outra vez tenden a baixa. "O ano pasado nesta época tamén tivemos unha mellora", recordou Sphahn.

"No outono e inverno, cando a xente se reúna máis en espazos interiores e o sistema inmunológico sexa máis débil aumentará tamén o risco de contaxio", dixo.

Spahn insistiu en que é demasiado pronto para levantar medidas de precaución. "Se non tivésemos medidas de precaución as unidades de coidados intensivos poderían verse saturadas debido ao alto número de persoas non vacinadas", dixo.

Spahn subliñou que a cota de vacinación en Alemaña aínda é demasiado baixa para decretar un "día da liberdade" como noutros países. Un 63% dos alemáns recibiron a pauta completa da vacina e un 67% polo menos a primeira dose.

O Goberno está a facer esforzos por acelerar a vacinación e tivo que enfrontarse co escepticismo de parte da poboación e o rexeitamento aberto dos movementos antivacunas. 

Comentarios