Morre aos 84 anos Colin Powell, ex secretario de Estado de Estados Unidos

A súa morte produciuse por complicacións relacionadas co covid-19
Colin Powell. EFE
photo_camera Colin Powell. EFE

O xeneral Colin L. Powell, o primeiro afroamericano en ocupar o cargo de secretario de Estado de EE UU, faleceu este luns aos 84 anos de idade por complicacións relacionadas co covid-19.

Así o indicou a súa familia nunha mensaxe en nbsp;Facebook,&no que sinalou que perdera "a un extraordinario e cariñoso esposo, pai, avó, e a un gran estadounidense".

O comunicado indicou que o xeneral estadounidense recibira a pauta completa de vacinación.

Powell foi secretario de Estado do presidente republicano George W. Bush entre 2001 e 2005 e, previamente, serviu como xefe do Estado Maior Conxunto de EE UU durante a primeira guerra do Golfo (1989-1991).

O xeneral de catro estrelas, nacido en Nova York, morreu no centro médico militar Walter Reed, situado nos arredores de Washington.

A pesar de ser un dos xenerais máis influentes das últimas décadas, Powell viviu un os momentos máis complicados da súa carreira pola súa polémica presentación en 2003 ante o Consello de Seguridade da ONU, onde defendeu a intervención militar en Iraq ao asegurar que o presidente iraquí, Saddam Hussein, contaba con armas de destrución masiva.

Posteriormente, recoñeceu que foi un erro e supuxo "unha mancha" que na súa traxectoria política.

Aínda que pertencente ao partido republicano, desmarcouse nos últimos anos dos conservadores, xa que o pasado ano pediu o voto para o demócrata Joe Biden, e fixo o mesmo en 2016 cando apoiou a candidatura á Casa Branca da demócrata Hillary Clinton, en vez do republicano Donald Trump.