Morre practicando sexo nunha viaxe de negocios e a xustiza di que foi un "accidente laboral"

O tribunal considera que o empregado estaba dentro da responsabilidade da empresa
sexo
photo_camera O home foi achado morto na habitación dun hotel

Sufrir un infarto mentres se practica sexo durante unha viaxe de negocios xa é considerado accidente laboral. Polo menos en Francia, onde un tribunal deu esa categoría á morte dun traballador da empresa TSO que en febreiro de 2013 desprazouse por motivos de traballo e mantivo relacións sexuais cunha muller que coñeceu ese mesmo día.

O home, que estaba casado, foi achado morto na habitación dun hotel de Meung-sur-Loire tras este encontro extramatrimonial, o que orixinou toda a polémica.

A empresa negábase a pagar unha indemnización aos familiares da vítima, polo que o asunto chegou a mans da xustiza. Segundo adiantou o diario Daily Mail, o citado tribunal francés fallou en favor da muller e os fillos ao considerar que, "independentemente do que fixese o empregado dentro e fóra do horario laboral", estaba dentro da responsabilidade da compañía.

Agora, a empresa deberá abonar á familia un 80% do salario do traballador ata chegar á idade na que este se xubilaría.