Unha muller italiana faleceu este domingo polo coronavirus na provincia de Cremona, na rexión de Lombardía, no norte de Italia, e é a terceira vítima mortal desde este venres, cando se detectou o brote que mantén a mais de 150 persoas contaxiadas, confirmaron as autoridades.
O concelleiro de benestar social da rexión de Lombardía, Giulio Gallera, comunicou en rolda de prensa que a terceira vítima é unha muller anciá que se atopaba desde xa hai tempo hospitalizada no departamento de oncoloxía do hospital de Crema, en Cremona, e que dera positivo ao virus.
Este terceiro falecemento únese ao do home de 78 anos de Vo' Euganeo, na provincia de Padua (Véneto) e ao dunha muller de 77 anos que estivo en Codogno, pero que faleceu o pasado 20 de febreiro na súa casa por complicacións respiratorias, aínda que deu positivo ao virus nunha proba realizada tras a súa morte
Gallera tamén actualizou a cifra de contaxiados en Lombardía que se eleva a 112 logo de realizar 880 análise, "polo que se dá unha media do 12 % de casos positivos respecto do analizados" e informou de que 53 dos infectados están hospitalizados e 17 na unidade de coidados intensivos.
Polo momento, no Véneto confirmaron 24 casos, dous deles atópanse ingresados no hospital de Venecia.
Igualmente aumentaron a nove os contaxiados en Piacenza, na veciña rexión de Emilia Romagna, mentres que ascenden a seis os positivos en Piamonte.
A estes únense os dous turistas chineses que foron diagnósticados hai varias semanas en Roma.