Un mozo mata o seu pai tras descubrir que violara á súa filla de 3 anos

photo_camera Noticia - Diario

Un mozo de 23 anos foi detido como autor do asasinato do seu pai ao descubrir que violara á súa filla, unha nena de só 3 anos, mentres se atopaba coidándoa na súa casa, segundo El Caso.

Os feitos sucederon o pasado venres en Salta, Arxentina. Os pais da pequena atopárona chorando, e ao preguntarlle polo sucedido a nena sinalouse a zona xenital. Foi entón cando os pais descubriron que tiña lesións recentes.

O pai da menor colleu un machete e foi directo a por o avó da nena. Entón comezou un forcexo co home e acabou feríndoo de morte.