¿Acordádesvos dos SMS? Pois volveron decididos a acabar co WhatsApp

Google aliouse cos principais operadores móbiles para impulsar o RCS, un servizo de mensaxería instantánea que non requirirá de conexión a Internet
 Visitantes en uno de los pasillos del Congreso Mundial de Móviles que reúne a casi 100.000 profesionales de la telefonía móvil en Barcelona
photo_camera Visitantes en uno de los pasillos del Congreso Mundial de Móviles que reúne a casi 100.000 profesionales de la telefonía móvil en Barcelona

Os SMS volven á carga. Coa popularización dos smartphone, o seu uso quedou no anecdótico quedando ancorados no baúl dos recordos da comunicación pero, tras revolucionar o seu xeito de presentarse ao público consumidor, pódense covertir nun duro rival do servizo de mensaxería máis utilizado: o WhatsApp.

Google aliouse cos principais operadores móbiles de todo o mundo para impulsar o protocolo RCS -Rich Communications Services, servizos de comunicación enriquecidos, en inglés-, unha ferramenta que permitirá os servizos actuais de mensaxería instantánea como son as posibilidades de facer chats de grupos, compartir imaxes en alta resolución, vídeos ou mesmos documentos, pero cunha vantaxe por encima do WhatsApp ou Telegram: non requira de conexión a Internet.

O obxectivo desta iniciativa, presentada no Mobile World Congress (MWC) de Barcelona, consiste en proporcionar un servizo de mensaxería aberto a través de dispositivos Android.

Esta tecnoloxía, en si mesma, non é nova pois xa hai máis de 40 países de diferentes países usándoo, con todo simplificará a adopción desta tecnoloxía que se poderá implementar en todos os dispositivos Android. Para facelo posible, o RCS basearase na tecnoloxía Jibe de Google que entre outras cousas permite despreocuparse por saber se o receptor dispón desta tecnoloxía ou non, xa que se se manda unha mensaxe desde RCS e a persoa non a ten, a mensaxe transformarase e chegará en formato SMS.

Algúns dos operadores móbiles que forman parte desta asociación son America Movil, Vodafone, Deutsche Telekom, Orange, Sprint, Telenor Group, TIM, VimpelCom, Bharti Airtel, Etisalat, Millicom e MTN.

Doutra banda, se WhatsApp ten 1.000 millóns de persoas usuarias en todo o mundo, a experiencia de RCS chegará grazas aos operadores "a máis de 4.000 millóns de usuarias de SMS no mundo", explica a asociación a través dun comunicado.

Comentarios