Resolven con tecnoloxía xenética un asasinato cometido hai 40 anos en EEUU

Anna Marie Hlavka, de 20 anos de idade, foi agredida sexualmente e estrangulada co cable do seu reloxo eléctrico no seu apartamento en Portland

Detectives que investigaban un asasinato ocorrido hai 40 anos en Portland, Oregón (EE.UU.), lograron identificar ao autor do crime grazas a unha innovadora tecnoloxía xenética baseada en árbores xenealóxicos, segundo o exposto este xoves nunha rolda de prensa.

Anna Marie Hlavka, de 20 anos, foi agredida sexualmente e estrangulada co cable do seu reloxo eléctrico no seu apartamento en Portland, hai agora catros décadas. A súa irmá atopou o cadáver, pero o caso pechouse por falta de probas. De acordo co comunicado oficial da policía de Portland sobre o caso, a perseveranza dos investigadores, que estiveron presentes na conferencia de prensa, levou finalmente a identificar ao asasino.

Trátase de Jerry Walter McFadden, nacido o 21 de marzo de 1948 e executado no estado de Texas en outubro de 1999. Ao labor dos detectives súmase o traballo do laboratorio NanoLabs, da propia cidade de Portland, xunto co laboratorio de delitos da policía de Oregón.

En 2011, tívose unha pescuda que se considerou "un perfil completo", o que é inusual para casos tan antigos, pois as probas de ADN poden degradarse co tempo. Todo quedou conxelado ata que, en maio de 2018, os detectives centráronse na xenealoxía forense utilizando perfís de ADN non identificados achados en escenas de homicidios. Nesa data, grazas a esta tecnoloxía, descubriuse en California o "asasino do Golden Gate".

Para construír árbores xenealóxicos, cotéxanse análises comparativas das probas de ADN con outras fontes de datos utilizadas na xenealoxía tradicional, como rexistros de censos, rexistros vitais, obituarios e arquivos de xornais. McFadden foi declarado culpable varias veces de asasinato e violación entre 1973 e 1985, pero sempre conseguía a liberdade condicional ata que, en 1986, en Texas, escapou do cárcere e secuestrou a unha oficial de correccións, manténdoa como refén durante tres días.

A fuga tivo lugar mentres o asasino esperaba un xuízo pola violación e morte de tres persoas. Etiquetada como "a maior persecución na historia de Texas", 1.200 oficiais axudaron a deter a McFadden. A cooperación da familia de McFadden, que facilitou probas de ADN e información sobre o homicida, fixo posible a resolución do caso de Anna Marie Hlavka.

Comentarios