Un deslizamento de terras deixa 21 mortos e 16 desaparecidos en China

Desde o venres pola noite que se produciu o suceso, só unha persoa puido ser rescatada

Un total de 21 persoas morreron e 16 atópanse desaparecidas por mor dun deslizamento de terras no leste de China, informan este domingo as autoridades. O suceso ocorreu o venres pola noite e só unha persoa puido ser rescatada desde entón, un home de 63 anos que ten a pelvis fracturada, recolle a axencia oficial Xinhua e a cadea estatal CCTV.

O deslizamento rexistrouse ao redor das 22.50 horas do venres (14.50h GMT) en Lidong, un pobo da provincia oriental de Zhejiang -próxima a Shanghái-, especifica o Goberno.

Torrentes de lodo e pedras enterraron 27 vivendas do pobo, mentres que outras 23 se alagaron. "A luz foise sobre as dez... Non foi moi ruidoso, pero de súpeto a terra comezou a moverse, enterrando a todo o mundo vivo", relatou unha testemuña a Radio Nacional de China, que escapou da súa casa a tempo pero o seu marido e outros catro familiares seguen desaparecidos.

Un equipo de 2.300 persoas traballa nos labores de rescate, axudados por sete cans adestrados para estas tarefas, e estase investigando a causa do grave deslizamiento de terras.

Os dous días anteriores ao suceso rexistráronse fortes choivas na zona, e o venres pola mañá a media de precipitacións alcanzou os 36 metros cúbicos e a choiva continuaba cando se produciu o deslizamento de terras.

Comentarios