Un morto e sete feridos nun tiroteo no aeroporto de Los Ángeles

As autoridades confirmaron hoxe que hai sete feridos, pero non reportaron vítimas mortais, no tiroteo ocorrido hoxe no aeroporto internacional de Los Ángeles, EE UU, onde a situación xa está baixo control.

A morte do axente da Axencia de Seguridade do Transporte de EE UU  (TSA), da que comezaran a informar varios medios locais e nacionais algo antes, foi confirmada pouco despois pola propia compañía. "Múltiples oficiais do corpo foron tiroteados, un deles de forma fatal", indicou a entidade nun comunicado.

Patrick Gannon, xefe do corpo de Policía do aeroporto, dixo nunha rolda de prensa que o sospeitoso foi atrapado tras "un intercambio de disparos".

O home entrou na terminal 3, sacou un rifle de asalto do interior dunha bolsa e abriu fogo indiscriminadamente. Posteriormente accedeu á área de seguridade e realizou varios disparos de novo antes de penetrarse no aeroporto, onde foi confrontado polo corpo de Policía.

Medios locais aseguran que o sospeitoso é Paul Ciancia, un mozo estadounidense de 23 anos.

O corpo de bombeiros explicou que tratou a sete pacientes, seis dos cales foron ingresados en hospitais. Un dos hospitalizados está en estado crítico, segundo o centro médico da Universidade de California en Los Ángeles.

A situación de seguridade no aeroporto volveu á normalidade, segundo afirmou nunha rolda de prensa o alcalde da cidade, Eric Garcetti. "É unha zona segura para todos os que están no aeroporto", asegurou.

Con todo, a torre de control está a funcionar a menor ritmo do habitual e hai tres terminais (a 1, 2 e 3) que permanecerán pechadas un tempo indefinido, agregaron.

Ao redor de 150.000 persoas pasan polo aeroporto internacional de Los Ángeles cada día.

Comentarios