Un congresista do partido republicano, ferido nun tiroteo

O sospeitoso do ataque, que morreu, ameazara con "destruír a Trump e compañía"
Varios heridos, entre ellos un congresista republicano, en un tiroteo en Virginia
photo_camera Varios heridos, entre ellos un congresista republicano, en un tiroteo en Virginia

Varias persoas resultaron feridas este mércores en Estados Unidos, entre elas o congresista republicano Steve Scalise, durante un tiroteo ocorrido este mércores en Alexandria (Virginia), nos arredores de Washington.

O tiroteo produciuse, segundo as informacións preliminares achegadas por testemuñas e pola Policía, durante un adestramento de béisbol de membros do Partido Republicano.

O lexislador republicano Mo Brooks estaba presente no lugar no momento do tiroteo e relatou á cadea CNN que, ademais de Scalise, cre que hai polo menos outros catro feridos, aparentemente asesores do congresista e persoal de seguridade.

Scalise é o terceiro republicano de maior rango da Cámara de Representantes de EE UU. Segundo informou o hospital no que foi ingresado, atópasa den "estado crítico".

De acordo con Brooks, o autor do tiroteo portaba un rifle e disparou decenas de veces.

O SOSPEITOSO. O presidente de EE UU, Donald Trump, afirmou que o sospeitoso do tiroteo faleceu.

O sospeitoso, identificado como James T. Hodgkinson, de 66 anos, ameazara en Facebook con "destruír a Trump e compañía", e declarouse seguidor do senador demócrata Bernie Sanders.

UNIDADE. Trump fixo un chamamento a unidade política tras o tiroteo tras xurdir informes de que o suposto autor do tiroteo tiña ideas progresistas. "Podemos ter as nosas diferenzas, pero en tempos como estes nos vén ben recordar que todos os que serven no noso Capitolio están aí porque aman o seu país. Somos máis fortes cando estamos unidos e cando traballamos xuntos polo ben común", dixo Trump nunha declaración á prensa desde a Casa Branca.

Comentarios