Venezuela expulsa a europarlamentarios que ían visitar o país, entre eles González Pons

"Están a conducirnos directamente a un avión que espero sexa o que vai a Madrid"

Esteban González Pons. JUANJO MARTÍN
photo_camera Esteban González Pons. JUANJO MARTÍN

Venezuela expulsou este domingo a unha misión de europarlamentarios que ía visitar o país e soster varias reunións, entre elas unha co xefe do Parlamento, Juan Guaidó, recoñecido como presidente encargado do país por medio centenar de nacións, informou o deputado Esteban González Pons.

"Están a expulsarnos, primeiro retivéronnos (...) retiráronnos o pasaporte e sen explicarnos nada os pasaportes seguen retidos. Están a conducirnos directamente a un avión que espero sexa o que vai a Madrid, pero nos están expulsando do país", dixo González Pons a Efe por teléfono. 

Comentarios