Ficha técnica

3-1. Espectacular remontada do 'Ponte'

O Pontevedra remonta un gol do Osasuna B no primeiro minuto do partido e vence no seu mellor partido do curso
Los jugadores del Pontevedra celebran uno de los goles con la afición
photo_camera Los jugadores del Pontevedra celebran uno de los goles con la afición

O Pontevedra recuperou o cuarto posto da clasificación logo de derrotar por 3-1 ao Osasuna B nun partido espectacular, cheo de alternativas no xogo, ocasións, demostracións de calidade técnica individual e colectiva e fermosos goles.

O Pontevedra segue incorruptible no seu estadio. Acumula seis vitorias consecutivas en Pasarón, marca absoluta do club nun inicio de tempada en Segunda B, e por agora demostra ser capaz de todo ante a súa xente. Remontou o 0-1 ante un adversario no que o único menor era a idade dos seus compoñentes. O Osasuna B caeu en Pasarón a pesar de ser o mellor visitante que pisou o campo bañado polo Lérez. Demostrou capacidade combinativa, velocidade e boa organización, aínda que lle sobrou media hora de encontro.

►Lea este luns a crónica completa na edición impresa de Diario de Pontevedra

Comentarios