viernes. 14.05.2021 |
El tiempo
viernes. 14.05.2021
El tiempo

Absolto o fillo do Rei dos Xitanos dunha acusación de ameazas

O Xulgado de primeira instancia e instrución número 2 de Tui absolveu a Juan Pablo Giménez Jímenez, coñecido como o fillo do Rei dos Xitanos, da acusación de ameazas interposta por Antonio Pimentel González.

Na sentenza faise referencia á denuncia que presentou Pimentel o pasado 1 de maio de 2014, tras informarlle un coñecido que a súa parella vira ao acusado facer un xesto como de seccionar o pescozo e dicirlle as palabras "ao teu amigo".

A disposición xudicial é rotunda ao considerar que non se achegou proba algunha destes feitos que poida destruír a presunción de inocencia.

Na narración dos feitos da denuncia, dise que o denunciante foi seguido por un vehículo marca Porsche de cor gris e que un coñecido seu, chamado Rafa, díxolle que a súa parella, Marisa, rexente dun bar, dixéralle que vira ao acusado conducindo un coche de similares características facendo o citado xesto.

O xuíz insiste na ausencia de probas e que o denunciante "non presenciou directamente ameaza algunha, senón que denuncia o que lle conta un terceiro (Rafael), que tampouco presenciou a suposta ameaza, senón que lle relata o que outro lle di (Marisa)".

A acusación pedira unha pena de 20 días de multa cunha cota diaria de 400 euros, a prohibición de residir no lugar dos feitos durante seis meses e para o denunciado e a súa familia, de aproximarse ao denunciante por igual tempo, así como unha indemnización de 3.000 euros en concepto de dano moral

Absolto o fillo do Rei dos Xitanos dunha acusación de ameazas
comentarios
ç