jueves. 25.02.2021 |
El tiempo
jueves. 25.02.2021
El tiempo

Adeus definitivo ao vello mercado de Cantodarea

El edificio está situado justo en el linde entre el municipio marinense y la capital provincial
El edificio está situado justo en el linde entre el municipio marinense y la capital provincial
O inmoble será derruido o ano que vén, unha vez termínese co proxecto que están a realizar os técnicos municipais, e crearase unha praza con aparcadoiro e zonas verdes

Un dos símbolos do barrio de Cantodarea, un exemplo de como ás veces os proxectos non se converten en máis nada que ideas frustradas, desaparecerá o ano que vén. O edificio do antigo mercado do barrio marinense será derruido en 2018, segundo os prazos que manexa o Goberno local.

O Concello tomou esta decisión fai xa máis de medio ano, motivado polas demandas dos veciños, que pedían unha reordenación da zona, e polo perigo que supón manter a estrutura no estado no que está, moi deteriorada e con risco de desprendemento dalgunha das súas pezas. "Este é un obxectivo claro que temos", asegura a concelleira de Medio Ambiente e Benestar Social, Marián Sanmartín. "Os veciños levaban moito tempo pedindo que quitásemos ese estandarte de aí ", asegura a ersponsable do departamento municipal.

Nestes momentos, o equipo técnico municipal está a ultimar os detalles do proxecto de derriba, "que teremos terminado a finais de ano", apostila a concelleira. A tardanza na súa redacción está xustificada na aparición dun soto de grandes dimensións baixo o inmoble que se tirará, "que chega ata onde están os colectores" e que haberá que encher, ademais da presenza dun transformador de Fenosa no lugar, que atrasou a tramitación do documento. Pór ao mesmo nivel que o chan o soto existente suporá ter que destruír tamén a zona axardinada que hai fronte ao edificio.

Por sorte, trátase de perder un pequeno espazo verde para conseguir un lugar de esparexemento de maiores dimensións, e é que o futuro da parcela pasa por converterse nunha praza.

A concelleira Marián Sanmartín cre que o proxecto estará acabado antes de final de ano. Custará preto de 150.000 euros

Aínda que o Concello aínda non pechou o deseño da mesma, en principio contará cunha superficie de formigón, na que se habilitarán varias prazas de aparcadoiro, e unha zona de xardíns con bancos, "e poida que unha fonte", adianta Sanmartín. "O que queremos é que sexa algo sinxelo e limpo", detalla.

O orzamento que se manexa para toda a obra é de "preto de 150.000 euros", cifra a concelleira, e inclúe tanto a derriba da estrutura como o recheo do soto que se estende ata a beirarrúa.

LITIXIOS. O edificio naceu sendo de titularidade privada, pero a principios do século XX o Consistorio daquela época viuno con bos ollos e propuxo situar nel un mercado.

Para poder iniciar o proxecto, en 1940 as parcelas pasaron a titularidade municipal, unhas por unha xestión de compravenda e outras por expropiación, o que permitiu que en 1949 a iniciativa xa estivese redactada.

Con todo, non tardou en aparecer a primeira pedra no camiño. O contratista que se debía encargar da execución das obras presentou suspensión de pagos. O proceso quedou paralizado e a idea do Mercado reduciuse a cinzas.

A partir de aí, os propietarios iniciais comezaron unha tira e afrouxa coa Administración para recuperar os seus terreos, que cederan coa condición única de que se destinasen á creación dunha praza de abastos.

Un século despois, soamente unha pequena parcela, anexa ao edificio, mantén a súa titularidade privada e é utilizada como garaxe. Sanmartín conseguiu chegar a un acordo cos propietarios e, aínda que supuxo perder uns cantos metros do que lle correspondía ao Consistorio, polo menos "poderemos tirar por fin ese estandarte e mellorar a zona", reflexiona.

Adeus definitivo ao vello mercado de Cantodarea
comentarios
ç