Adif nega o "abandono" das estacións do rural

O organismo responde ás acusacións do PSdeG e remarca que investirá máis de 232.000 euros en 65 terminais galegas de pequeno tamaño
Estación de tren de A Pobra, situada en el centro de la localidad
photo_camera Estación de tren de A Pobra, situada en el centro de la localidad

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) negou as acusacións do PSdeG en relación ao suposto "abandono" de estacións de ferrocarril no rural galego.

Nun comunicado, esgrimiu que "en ningún caso hai tal situación" e esgrimiu que o demostra" a elaboración dun plan extraordinario de investimentos para o período 2017-2018, con actuacións de mellora en estacións que presentan un tráfico reducido de viaxeiros.

En virtude deste plan, remarca que está previsto actuar en 65 estacións de pequeno tamaño en Galicia, situadas maioritariamente en zonas rurais, cun investimento total que supera os 232.000 euros.

Adif engade que tamén levou a cabo en Galicia actuacións en estacións de maior tránsito, como a nova estación de Vigo ou a adecuación da accesibilidade da estación de Lugo, entre outras. Así mesmo, subliña que realizou "importantes investimentos" relacionados co Eixo Atlántico, ademais das proxectadas estacións intermodais en fase de desenvolvemento en Ourense, Vigo, Santiago ou A Coruña.

Comentarios