Alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e Lugo

Mapas del tiempo para este domingo en Galicia. METEOGALICIA
photo_camera Mapas del tiempo para este domingo en Galicia. METEOGALICIA

A Dirección Xeral de Urxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo desde a madrugada do domingo. 

Nun comunicado, a Xunta explica que, segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), este fenómeno meteorolóxico adverso traerá ondas de 5 a 6 metros, por mar combinada do noroeste no noroeste da Coruña e A Mariña.

A Xunta recomenda permanecer lonxe da liña de costa e das praias e paseos marítimos co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos, así como suspender actividades pesqueiras e marisqueiras e extremar as medidas de seguridade ao realizar calquera actividade no mar. 

O TEMPO. Galicia estará este domingo baixo unha débil influencia anticiclónica, con circulación noroeste, que traerá unha masa de aire frío e húmido, de maneira que se esperan ceos nubrados, con chuvascos ocasionais, máis probables na franxa norte e leste. 

As temperaturas baixarán levemente. 

Os ventos soprarán do noroeste, leves cara ao interior e con fortes intervalos na costa norte. 

Temperaturas do domingo

Comentarios