Alertan á Consellería de Sanidade tras detectar 67 casos de farinxite nun colexio de Cospeito

O servizo de pediatría do centro de saúde da localidade advertiu da situación tras practicarse as probas aos menores

O servizo de Pediatría do centro de saúde de Cospeito alertou á Consellería de Sanidade sobre a existencia dun contaxio masivo de farinxite no colexio de educación infantil e primaria da Feira do Monte -capital dese municipio lucense-, logo de atender en poucos días a 67 nenos enfermos desa patoloxía.

Fontes do Sergas indicaron que ante a proliferación de casos da mesma enfermidade e no mesmo centro educativo practicáronselles probas aos menores para determinar a causa do contaxio e 65 deles deron positivo por estreptococos.

En calquera caso, desde a Consellería de Sanidade restaron importancia a este contaxio, porque non se trata "dunha enfermidade grave".

O cadro que presentaban os nenos afectados é febre alta e dor de garganta, uns síntomas que "responden perfectamente ao tratamento con antibióticos".

Comentarios