Altercados á saída do xulgado tras a liberación dos dous acusados polo asalto a Olegario Giménez

A posta en liberdade con cargos dos dous detidos polo asalto onte á casa de Olegario Giménez, coñecido como Rei dos Xitanos, desatou a ira dunha trintena de membros desta comunidade, que provocaron graves altercados no exterior dos xulgados de Tui.

Vivíronse momentos de gran tensión, con intercambio de golpes entre familiares e amigos do patriarca xitano e axentes da benemérita á saída do avogado do garda civil J.A.P.G. e o axente forestal A.P.G., quen recibiu varias patadas e foi evacuado en ambulancia.

Tras coñecer a resolución da xuíza, os ánimos fóronse caldeando tras unha longa tarde de espera e comezaron a proliferar os berros de ''xustiza", "asasinos", "corruptos" e "racistas", ata que se produciu o tumulto.

O Rei dos Xitanos tivo que interceder e ordenar a retirada de familiares e amigos dos exteriores dos xulgados, co que os dous asaltantes puideron acceder, escoltados por un amplo dispositivo policial, ao vehículo que os esperaba sen maiores problemas.

Comentarios