Apagados tres incendios en Ourense que queimaron unhas 176 hectáreas

Os servizos de extinción lograron apagar tres incendios forestais nos concellos ourensáns da Mezquita, Vilardevós e Baltar, que queimaron conxuntamente unhas 176 hectáreas.

Medio Rural informou de que o incendio de maior envergadura, o de Vilardevós, queimou 106,5 hectáreas, delas 106 de monte raso e o resto, de arboledo.

Quedou apagado este mediodía, sobre as 12:00 horas, despois de que comezase ás 22:00 horas da noite do sábado e entrase en Galicia a través dun lume en Portugal.

Ademais, sobre as 12:50 horas quedou extinguido un incendio na parroquia de Pereiro da Mezquita, que afectou a unha superficie de 45,16 hectáreas de monte raso.

Igualmente, foi apagado esta mañá, sobre as 07:00 horas, o lume en Baltar, que comezara ás 01:30 horas da madrugada e que queimou 25 hectáreas de monte raso.

Comentarios