Arde un coche nunha nave de Monte Porreiro

Cando chegaron os bombeiros, o lume xa case fora extinguido por particulares ► En Fornelos de Montes o lume queimou un alpendre

Os Bombeiros extinguiron un lume nun alpendre anexo a unha vivenda no municipio pontevedrés de Fornelos de Montes e tamén houbo outro nun vehículo na cidade do Lérez, concretamente en Monte Porreiro. Ambos ocorreron nas últimas horas do venres.
 
No de Fornelos de Montes ardeu parte do primeiro recinto de dúas alturas. Ás 22.40 horas un particular alertou ao 112 Galicia. Indicou que ardía un alpendre con madeira no seu interior na Rúa Pereiral, en Calvos. De seguido, o Centro Integrado de Atención ás Urxencias puxo en alerta aos Bombeiros do Porriño e á Garda Civil. Tamén, informou os efectivos de Protección Civil da Mancomunidade Oitavén-Tea.

Ao fío das 02.00 horas desta madrugada, os Bombeiros sinalaron que o lume quedaba extinguido. Parte do teito do primeiro piso -de madeira- tamén se viu afectado as lapas.

MONTE PORREIRO. Por outra banda, pasados uns minutos das 20:30 horas da tarde, tamén unha persoa particular alertou ao CIAE dun coche ardendo no interior dunha nave de Monte Porreiro en Pontevedra.

Aínda que o alertante comentou que case estaba extinguido, os Bombeiros de Pontevedra, tras ser avisados polo 112 Galicia, desprazáronse igualmente ata o lugar. Unha vez no punto, os bombeiros confirmaron que o lume xa fora extinguido polos particulares.

Ademais da os Bombeiros, o CIAE tamén informou o suceso aos axentes da Policía Local e de Protección Civil de Pontevedra.

Comentarios