Ascende a doce a cifra de detidos por esconder un alixo de heroína

Os detidos polo alixo de heroína atopadas enterradas nun curral de gando no concello pontevedrés de Tomiño ascenden a 12, informou o Ministerio do Interior.

O alixo, finalmente, ascende a 111 quilogramos de heroína, un dos maiores alixos desta sustancia incautados en España na denominada operación Jockey.

Os detidos en relación co alixo localizado onte na comarca do Baixo Miño pasaron ás doce do mediodía a disposición do xuíz de instrución número dous de Cambados, Juan Carlos Carballal, segundo fontes da investigación.

A droga intervida pola Garda Civil foi atopada nunha cuadra baixo unha capa de esterco e no interior de dúas caixas fortes que foron abertas coa chave que portaba un empresario detido, que se considera líder da organización.

Os axentes incautaran previamente sete quilos de droga, tres deles de cocaína, cando un membro do grupo ía proceder á súa venda.

A heroína procedía de Turquía e ía ser colocada no mercado nacional e en Portugal

Comentarios