Atopan arroupada polo seu can a unha nena de dous anos que levaba sete horas desaparecida no monte

Membros do equipo de rescate escoitaron e seguiron o gruñido do podenco, que os guiou ata a pequena ► A menor, que estaba durmida cando a localizaron, só ten uns arañazos
La niña que apareció arropada por su perro en Ávila, con miembros del equipo de búsqueda
photo_camera La niña que apareció arropada por su perro en Ávila, con miembros del equipo de búsqueda

A Garda Civil atopou na madrugada deste martes a unha nena de dous anos que, logo de sete horas desaparecida no municipio de Gil-García (Ávila), apareceu aniñada e durmida no monte, arroupada pola súa mascota, un podenco que non se separou da pequena en ningún momento. Segundo informou en nota de prensa o instituto armado, a desaparición foi coñecida ás 19.20 horas deste luns, sendo atopada pasadas as 2.00 da mañá, logo de sete horas de procura por forzas de seguridade e numerosos veciños deste pobo de 41 habitantes, situado a 91 quilómetros da capital.

O Grupo de Rescate e Intervención en Montaña (Greim) da Garda Civil e efectivos do Servizo de Protección da Natureza (Seprona) escoitaron "o gruñido da mascota da nena, que a acompañaba", o que permitiu que os axentes seguisen o rastro.

O estado da pequena, salvo por uns arañazos no seu corpo, é "bo", aínda que os axentes levárona ata os servizos sanitarios desprazados á zona para o seu recoñecemento.

Axentes da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil de Ávila abriron unha investigación para aclarar o sucedido. No dispositivo de procura participaron, ademais do Greim e o Seprona, membros de Protección Civil e voluntarios da localidade.

Comentarios