A Audiencia confirma a condena por fraude do excalde de Vimianzo

A xuíza considerou que "fraccionou artificiosamente" varios contratos menores por valor de 135.000 euros

A Audiencia Provincial de A Coruña desestimou o recurso de apelación do exalcalde de Vimianzo Alejandro Rodríguez Lema, polo que confirmou a súa condena por fraude e prevaricación, imposta polo xulgado do Penal número cinco de A Coruña.

Diso informou o Concello de Vimianzo, que trasladou o fallo do tribunal provincial que confirma a pena dun ano e medio de prisión, ademais da inhabilitación de cargo público durante oito anos.

No seu texto, a xuíza considera probado que entre febreiro e marzo de 2011 "fraccionou artificiosamente" en varios contratos menores un contrato de máis de 135.000 euros que encomendou a unha única empresa. O seu propietario tamén estivo procesado, pero foi absolto.

No seu día, Rodríguez Lema, rexedor expulsado do PSOE, foi imputado por mor dunha denuncia do actual alcalde, Manuel Antelo, quen deixou o BNG o pasado ano e actualmente está vinculado a En Marea.

Comentarios