jueves. 28.01.2021 |
El tiempo
jueves. 28.01.2021
El tiempo

Baixan as temperaturas nun mércores de sol e nubes

Mapa con la previsión de Meteogalicia
Mapa con la previsión de Meteogalicia
Os termómetros na Boa Vila oscilarán entre os oito graos de mínima e os 16 de máxima

Galicia continuará este mércores baixo a influencia dun anticiclón, polo que se esperan ceos con intervalos de nubes medias e altas, máis densas no norte. Ademais, haberá algún chuvasco ocasional na comarca da Mariña lucense. 

En canto aos ventos, segundo a información da web de Meteogalicia, soprarán desde o nordeste e serán frouxos no interior e moderados na costa. 

As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, aínda que as máximas sufrirán un descenso entre lixeiro e moderado. De feito, nas grandes cidades galegas, ao longo do día os termómetros caerán ata os cinco graos de mínima en Lugo e Ourense, os sete en Santiago e os oito en Pontevedra. En canto aos valores máis altos, rexistraránse en Vigo (18 graos), seguida de Ferrol e a Boa Vila con 16º. Na capital lucense non superarán os 12 graos.

Baixan as temperaturas nun mércores de sol e nubes