Benestar retira o servizo de comedor ao persoal das Galescolas

A xerencia do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar retiroulle aos educadores, mestres e ao persoal de servizo en xeral na rede de Galescolas o servizo de comedor desde o primeiro de maio, así o denunciou hoxe a Confederación Intersindical Galega nun comunicado de prensa.
 
O recorte, afirma a CIG, engádese ás xa de seu baixas retribucións deste persoal, que cobra un terzo menos que traballadores da Xunta que desempeñan as mesmas funcións.
 
Tamén destaca que a xerencia decidiu suspender a aplicación do plus de nocturnidade e de festividade co que prevé que os servizos que houbese que prestar necesariamente en domingos e festivos leven un descanso adicional do 75 por cento do tempo de prestación. 

Comentarios