Caballero celebra que el cambio en el PSdeG sea "paralelo" a la renovación en las juventudes y en las provincias

Gonzalo Caballero en el Congreso de las Xuventudes Socialistas
photo_camera Gonzalo Caballero en el Congreso de las Xuventudes Socialistas

O líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, celebrou que o "novo tempo" e o "cambio" iniciado na dirección da formación na comunidade galega sexa "paralelo" á renovación nas Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) e nos órganos provinciais.

En declaracións aos medios durante o Congreso que as mocidades socialistas celebran en Ames, Caballero destacou que o Partido Socialista abriu unha "nova etapa" coa elección en primarias do secretario xeral Pedro Sánchez. Un novo período ao que, segundo destacou, súmase o cambio na dirección galega, nas mocidades e nos congresos provinciais.

Precisamente, sobre a renovación nas XSG, que serán lideradas por Nabor González desde esta fin de semana, Caballero destacou a importancia de "ter unha maior presenza na xente máis nova do país" para "conseguir o obxectivo de lograr un cambio político en Galicia".

Ademais, preguntado polos congresos provinciais, asegurou que estes se desenvolven con "normalidade" e "de acordo coas regras establecidas". "Polo tanto, creo que o PSdeG está na boa dirección para saír fortalecido e conseguir un maior peso da militancia", sinalou.

XUVENTUDES SOCIALISTAS. No acto, o novo secretario xeral das XSG, Nabor González, asegurou afrontar o seu mandato con "moitas ganas" para facer á organización xuvenil do PSdeG un "eixo" que "conecte coa realidade" dos mozos que ven afectados as políticas lesivas do PPdeG".

"Queremos facer das XGS un berro colectivo dos mozos que ven obrigados a marchar de Galicia porque non teñen unha oportunidade debido ás políticas liberais da dereita", sinalou.

Pola súa banda, o secretario xeral saínte, Aitor Bouza, agradeceu o apoio "incondicional" que tivo durante o seu mandato e desexou "moita sorte" ao novo equipo, do que augurou que fará "un bo traballo". Ademais, sinalou que as mocidades socialistas "quedan unidas" logo de catro anos nos que a executiva saínte logrou limar as diferenzas. 

Comentarios