Cantodarea acompaña a San Xosé Obreiro

Actuacións, campionatos, xogos para nenos e concertos amenizaron a xornada deste sábado
Procesión, que recorrió las calles de Marín a pesar de la amenaza de lluvia
photo_camera Procesión, que recorrió las calles de Marín a pesar de la amenaza de lluvia

Cantodarea celebrou onte o seu primeiro día das festas en honra a San Xosé Obreiro. Pola mañá, aínda que a choiva non permitiu que puidese actuar o grupo floclórico, a igrexa estaba abarrotada de persoas que acudiron a escoitar a misa solemne. Xa pola tarde, a choiva deu un respiro para que puidese celebrarse a tradicional procesión, que contou coa presenza de numerosos fieis que acompañaron as imaxes durante todo o percorrido.

As festas continuan a xornada de hoxe. O día comezou cunha tirada de lumes e os pasacalles a cargo de Vos de Marín. Pola tarde, ás 16.30 horas, celebrouse o II Trofeo BMX e Scooter, no Parque Azul.

A partir das 17.00 horas, no recinto da festa houbo diversas actividades, como debuxo para nenos, carreira de triciclos, maxia e unha exhibición de kickboxing, na que participaron campións de Galicia e España. Pola noite actuarán as orquestras Capitol e Cidade Cristal.

Comentarios