"O pánico víase nas caras; todos tiñamos a mente en Angrois"

Ramón González, que rexenta a cafetería da estación, relata como viviu o sinistro ►Unha das pasaxeiras: "Notamos unha freada moi forte... caeron as maletas e había xente con sangue"
Ramón González regenta la cafetería de la estación de O Porriño desde hace veinte años
photo_camera Ramón González regenta la cafetería de la estación de O Porriño desde hace veinte años

Ramón González rexenta a cafetería da estación de trens do Porriño desde hai 20 anos. Esta mañá, mentres traballaba, sobresaltoulle o ruído do descarrilamento e, de inmediato, achegouse á zona. "Saín fóra e xa vin todo como estaba, estaba todo cheo de fume", relata, engadindo que "os servizos de urxencia chegaron moi rápido".  "O pánico víase na cara da xente; todos tiñamos a mente en Angrois", di, comentando como nos primeiros minutos todos os presentes na zona deixaron de lado todo para asistir ás vítimas.

CARMEN, UNHA PASAXEIRA. "Viaxaba cos meus pais e notamos unha freada moi forte e caéronnos as maletas encima", comenta Carmen, unha das pasaxeiras do tren sinistrado, que engade que inmediatamente despois viron a "xente chea de sangue". "Á miña nai dóelle o pescozo e ao meu pai un pouco o peito", comentaba na Radio Galega, que relata como tanto ela como os seus pais asistiron algúns dos feridos. "Vin polo menos a tres feridos que estaban moi mal", asegurou.

Comentarios