Os ceos estarán anubrados este venres en Galicia

As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, e con lixeiros descensos nas máximas

Durante o venres Galicia quedará nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións, con circulación do oeste que achega humidade dende o mar.

Con esta situación, agárdanse ceos anubrados con posibilidade dalgún chuvasco illado, máis probable pola mañá.

As temperaturas mínimas non terán cambios significativos, e con lixeiros descensos nas máximas. Os ventos serán de compoñente oeste en xeral, frouxos, con intervalos de fortes no litoral norte.

meteogalicia

Comentarios