jueves. 26.11.2020 |
El tiempo
jueves. 26.11.2020
El tiempo

Os ceos estarán despexados este venres en Galicia

As temperaturas terán un lixeiro ascenso,

Galicia atoparase novamente na influencia das altas presións, aínda que as baixas do Atlántico non estarán moi afastadas polo que soprará vento do sur. Isto quere dicir que comezaremos con algunhas nubes na zona oeste que tenderán a retirarse para deixar os ceos pouco nubrados ou despexados en xeral a partir do mediodía.

As temperaturas terán un lixeiro ascenso, acadándose valores elevados para esta época do ano durante a tarde. Os ventos soprarán de compoñente sur,con intervalos moderados no interior, e moderados con intervalos fortes no litoral atlántico.

meteogalicia

Os ceos estarán despexados este venres en Galicia