Ceos pouco nubrados e subida de temperaturas este venres en Galicia

Mapas del tiempo para este viernes en Galicia. METEOGALICIA
photo_camera Mapas del tiempo para este viernes en Galicia. METEOGALICIA

O venres Galicia queda na influencia das altas presións cunha masa de aire cálido en superficie.

O día comezará con bancos de néboa no interior e intervalos de nubes baixas no litoral norte para quedar cunha xornada de ceos pouco nubrados, con nubes de tipo alto.

As temperaturas experimentarán entre un lixeiro a moderado ascenso, e o vento soprará frouxo do nordeste, con intervalos máis intensos entre Estaca de Bares e o norte das Rías Baixas.

Temperaturas
Temperaturas