Uns 1.400 atletas correrán o XXII Medio Maratón

A carrerá partirá da ponte dos Tirantes ás 11.00 horas do próximo domingo
Presentación del Medio Maratón, este miércoles en el Concello
photo_camera Presentación del Medio Maratón, este miércoles en el Concello

A cidade do Lérez acollerá o vindeiro domingo, 22 de outubro, o XXII Medio Maratón de Pontevedra, a última das probas do V Circuíto de Carreiras populares que organiza o Concello en colaboración coa Sociedade Ximnástica de Pontevedra.

Escribíronse na carreira 1.393 corredores, dos que o 92% son homes e o 8%, mulleres. Seis de cada dez participantes son da provincia de pontevedra, segundo informou o Concello. Tamén se anotaron corredores das outras provincias galegas, así como de Asturias e o norte de Portugal.

O Medio Maratón sairá ás 11.00 horas da ponte dos Tirantes e percorrerá o centro urbano. O percorrido, de 21,09 quilómetros finalizará na pista de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Os dorsais poderán recollerse desde o venres ás 17.00 horas no Pavillón Universitario.

Comentarios