sábado. 27.02.2021 |
El tiempo
sábado. 27.02.2021
El tiempo

As choivas manteranse este xoves en toda Galicia

El tiempo (20.01.21)

Os chuvascos poderán ser de carácter tormentoso nalgúns puntos da comunidade

Galicia continuará o xoves na influencia das borrascas, con entrada sucesiva de frontes, de forma que non se esperan cambios para esta xornada.

Desta forma, os ceos estarán nubrados con choivas, ocasionalmente de forte intensidade e poderán ter carácter tormentoso.

As temperaturas non experimentarán cambios significativos, e o vento soprará forte do suroeste, con refachos moi fortes en toda a franxa costeira e zonas altas.

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 9º/15º
Ferrol 10º/16º
Lugo 7º/15º
Ourense 9º/15º
Pontevedra 11º/16º
Santiago 9º/14º
Vigo 11º/16º

As choivas manteranse este xoves en toda Galicia
comentarios
ç