Choivas ocasionais e temperaturas en descenso

Os termómetros oscilarán en Pontevedra entre os sete graos de mínima e os 13 de máxima
Mapa coa previsión de Meteogalicia
photo_camera Mapa coa previsión de Meteogalicia

Despois do paso dunha fronte na xornada do martes de Entroido, Galicia quedará este mércores nunha zona intermedia entre altas e baixas presións. Con esta situación, espéranse intervalos nubrados con chuvascos, máis ocasionais e illados pola tarde. 

Segundo a información de Meteogalicia, os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos no interior e moderados na costa, aumentando durante a noite a fortes no litoral norte. As temperaturas, pola súa banda, experimentarán un lixeiro descenso. 

En concreto, por cidades, as temperaturas mínimas oscilarán entre o tres graos de Lugo, Santiago e Ourense e os 10 da Coruña (en Pontevedra non baixarán de 7), mentres que as máximas estarán entre os 15 graos de Ourense e os 13 que experimentarán o resto de grandes urbes galegas. 

Comentarios