A ciencia como espectáculo

Cerca de 8.000 estudantes en total participarán nos 'Espectáculos de ciencia', que Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole e Fundación Barrié organizarán por toda Galicia durante os próximos catro meses. O primeiro deles, titulado 'Ciencia ou ficción', comezou onte en Ourense con dúas sesións e repetirase os vindeiros días en Pontevedra, Santiago, A Coruña e Lugo.

Ata o mes de maio celebraranse outros tres espectáculos diferentes que tamén viaxarán a Ferrol e Vigo, todos eles cofinanciados pola Consellería de Economía e Industria.

Á apertura da actividade asistiron onte o director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla, e o director xeral da Fundación Barrié, Javier López. A iniciativa, que supón o inicio do programa de actividades conmemorativas do 20 aniversario da Tecnópole, enmárcanse na liña de actuación de desestacionalización das actividades de divulgación científica contemplada no Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C) 2011-2015, que ten como obxectivo promover a celebración de actividades de divulgación á marxe da Semana da Ciencia.

(Máis información na nosa edición impresa do 16 de febreiro).

Comentarios