Conclúe sen éxito a segunda xornada de procura do corpo de Manuel Pampín

CALDAS. O operativo de procura de Manuel Pampín está activo desde que o pasado xoves  un particular alertase ao 112 de que vira un corpo flotando no río Umia en Caldas de Reis. Nove agrupacións de Protección Civil e 35 voluntarios, ademais da Garda Civil, formaron o operativo. No entanto, a xornada de hoxe terminou sen éxito, xa que o corpo aínda non foi localizado.

O home que deu a alerta, sobre as 18.35 horas, indicou que o río ía con forza e levaba o corpo con moita rapidez, polo que se mobilizaron medios acuáticos no operativo de rescate, no que colaboran Garda Civil, Policía Local, bombeiros da comarca do Salnés e efectivos de Protección Civil de diversas localidades.

Manuel Pampín Abad, de 77 anos falta do asilo de Caldas desde a tarde do xoves. A desaparición foi denunciada polas responsables do centro sobre as 20.15 horas de onte, cando non se presentou a cear.

Comentarios