Condenados por un 'simpa' quilométrico: de Cidade Real a Ribadeo en taxi

Dez meses de cárcere e a obrigación de pagarlle ao taxista a carreira, duns 1.100 euros. Esa é a sentenza contra unha parella que se negou a abonar a viaxe en febreiro de 2013
De Valdepeñas (Ciudad Real) a Ribadeo hay más de 800 kilómetros
photo_camera De Valdepeñas (Ciudad Real) a Ribadeo hay más de 800 kilómetros

Era o 20 de febreiro de 2013 cando a Garda Civil detivo en Ribadeo a dous veciños de Valdepeñas, que entón tiñan 22 anos, como presuntos autores dun delito de estafa, quebrantamento de condena e usurpación do estado civil. Os mozos negáronse a abonar a un taxista os 1.100 euros do percorrido realizado entre ambas as localidades. Máis de 800 quilómetros, como se pode comprobar en Google Maps. Un simpa quilométrico.

Agora, segundo recolle a Cadena Ser, a Audiencia Provincial de Lugo confirma a sentenza dun xulgado do Penal lucense contra os dous mozos: dez meses de cárcere para cada un por estafa e a obrigación de pagarlle a carreira ao taxista, ao que coñecían previamente, ata un máximo dos 1.100 euros que lles reclamaba e en función das tarifas oficiais.

A parella condenada, que por aquel entón tiñan unha orde de afastamento en vigor dun deles sobre o outro, alegaba que o taxista incrementou o prezo que pactaran previamente. Mentres que o profesional do transporte aseguraba que ambos o ameazaron ao negarse a pagar.

Comentarios