Confirman que os corpos achados en Susqueda son os dos mozos desaparecidos

Unha testemuña escoitou catro disparos e un berro nas proximidades do pantano o último día no que foron vistos con vida
Los Mossos d'Esquadra en el pantano de Susqueda, donde aparecieron los dos cadáveres
photo_camera Los Mossos d'Esquadra en el pantano de Susqueda, donde aparecieron los dos cadáveres

Os dous corpos achados este pasado martes no pantano de Susqueda corresponden á parella de mozos desaparecidos o 24 de agosto, segundo confirmaron os Mossos d'Esquadra.

A identificación foi posible a partir das análises das pegadas, unha opción que se complicou polo estado que presentaban os cadáveres logo dun mes baixo a auga.

Os corpos corresponden xa que logo ao de Marc H.L., de 23 anos e veciño de Arenys de Munt (Barcelona), e a Paula M.P., de 21 anos e veciña de Cambrils (Barcelona).

O cadáver da muller, logo das autopsias realizadas, presenta un disparo de bala na cabeza, segundo fontes da investigación, mentres que o do home mostra feridas que se relacionan cunha agresión cun obxecto contundente, arma branca ou quizá tamén de lume.

Esa última opción daría validez ao testemuño dunha persoa que vive cerca do pantano e que asegura que o día da desaparición ouviu catro disparos e un berro.

Os investigadores rastrexan agora o pantano en busca de novas probas relacionadas co caso.

A policía cre que se trata dun dobre crime e que, polo menos, serían dous os asasinos que acabaron coa vida da parella e que intentaron que os cadáveres desaparecesen baixo a auga con mochilas cheas de pedras.

Os dous corpos apareceron espidos, un flotando na auga e o outro sobre unha parede do pantano, posiblemente por mor dun descenso do nivel do encoro ao termo do verán.

Os dous mozos atopábanse de vacacións no momento da desaparición e tiñan previsto visitar Tamariu, en Palafrugell (Xirona), e o Montseny, así como facer unha excursión nun kaiak polo pantano de Susqueda.

Esa embarcación tamén se atopou na auga media desinflada, do mesmo xeito que o coche en que viaxaban, despois de que se lles viu por última vez nun restaurante próximo tras realizar unha extracción dun caixeiro automático da Cellera de Ter.

Comentarios