Burela, Foz e O Vicedo, os municipios de España máis baratos para alugar casa na praia

Sanxenxo é un das máis caros con pisos de 1.000 metros cadrados por 1.470 euros
Playa y paseo de Silgar, en Sanxenxo
photo_camera Playa y paseo de Silgar, en Sanxenxo

Os municipios lucenses de Burela, Foz e O Vicedo son as zonas máis baratas para alugar un inmoble a primeira liña de praia en España, segundo o Informe Aluguer Costa de TecniTasa, que sitúa a Sanxenxo (Pontevedra), como unha das máis caras.

Este estudo indica que nas praias destas tres localidades lucenses, os interesados poden atopar apartamentos de 60 metros cadrados por un prezo de entre 200 e 300 euros.

Fronte a iso, para aqueles que se poidan permitir un maior gasto, TecniTasa explica que na zona de Carabuxeira, en Sanxenxo, os interesados poden alugar un piso de 100 metros cadrados por 1.470 euros, ou outros de 50 metros cadrados en Portonovo por 1.390 euros.

TecniTasa avaliou os prezos de aluguer de inmobles en primeira liña de praia, constatando que este ano gozar dunha semana na costa española será 65 euros máis caro –un 9,8%– ao pasar dos 664 euros de 2016 de media en España a 729 euros este verán.

Comentarios