Covsa será a encargada de executar o novo aparcadoiro de autocaravanas

Estará no solar de Tafisa e disporá de 20 prazas. Tamén se acondicionará un aparcadoiro disuasorio de 60 prazas
Vista aérea del antiguo solar de Tafisa, al lado del puente de Os Tirantes y del río Lérez
photo_camera Vista aérea del antiguo solar de Tafisa, al lado del puente de Os Tirantes y del río Lérez

A empresa Covsa será a encargada de executar o aparcadoiro para autocaravanas no solar de Tafisa, despois de que o Concello de Pontevedra reunise este mércores á mesa de contratación para valorar as distintas ofertas. A súa proposta é a de adxudicala a esta empesa por valor de 188.440 euros, dunha oferta de licitación de 209.385,39 euros, e está previsto que, unha vez asinado o contrato, a obra se inicie cara a finais deste mes.

O Concello tamén informa de que esta empresa é a que presentou melloras á instalación de pasos elevados na entrada e saída ao novo estacionamento, que disporá de 20 prazas para aparcar autocaravanas con dúas prazas de servizos con auga potable e saneamento. A superficie para esta función será de 1.052 metros cadrados.

Tamén se acondicionará unha superficie de 1.870 metros cadrados para o estacionamento gratuíto en superficie, na que se poderán crear ao redor de 66 prazas.

O portavoz do goberno local e presidente da mesa de contratación, Raimundo González, explicou este mércores que este proxecto "era unha prioridade e un compromiso da Concellaría de Promoción Económica, que ten detectado un avance importante neste tipo de turismo na cidade".

Comentarios