Cultura Quente por días

Cultura Quente contará tamén con Tractor Troy e Furious Monkey House

Os grupos Habitación Vudú e 091 e os DJ Lagartija e Rafa Morcego completan o programa da décimosexta edición do festival, que se celebrará en Caldas os días 24 e 25 de xuño
Siniestro Total es uno de los grupos que actuará en la Carballeira de Caldas de Reis
photo_camera Siniestro Total es uno de los grupos que actuará en la Carballeira de Caldas de Reis

Vinte días logo de presentar o programa da Cultura Quente, na casa consistorial de Caldas de Reis, os organizadores do festival, que se celebrará os días 24 e 25 de xuño, completaron o cartel da súa décimo sexta edición. A proposta quedou pechada coa incorporación de 091, Furious Monkey House, Tractor Troy, Habitación Vudú, DJ Lagartija e DJ Rafa Morcego, que se suman a Supersuckers, Marky Ramone, Ilegales, Los Enemigos, El Drogas, Siniestro Total, The Soul Jacket, Havalina, Agoraphobia e a banda que gañe o concurso de maquetas da Fundación Paideia, que se resolverá nos próximos días.

Logo dun paréntese de 20 anos, 091 regresa aos escenarios. A banda granadina incluíu na súa xira unha actuación na Carballeira. Escoitaranse sons sesenteiros, punk-rock e new wave nun concerto no que recuperarán o mellor da súa discografía.

A influencia de bandas da escena dos noventa, como Pixies, Smashing Pumpkins, Nirvana, Cardigans ou Foo Fighters, poderá percibirse cando os compoñentes de Furious Monkey House suban ao escenario. Está recente o proxecto máis sólido desta formación: no ano 2015 gravou o seu primeiro disco, nos Estudos Abbey Road de Londres.

‘Perro Mandril’, gravado en 2014, é o primeiro longo do pontevedreses Tractor Troy, cuxo traballo anterior foi ‘Texas Food’. A súa única intención é que o público rompa as cadeiras na pista de baile. Formada en 2011, considéranse unha banda maldita, unha alma errante, un raposo gris, seres solitarios e atormentados que intentan reconciliarse co mundo a través da furia guitarrera, do delta blues e do grunge.

Os irmáns Freiría lideran Habitación Vudú. Tras gravar os seus dous primeiros temas en 2014, editan o seu primeiro EP en 2015. Titúlase ‘Flores Falsas’ e prodúceo Luís Antelo coa colaboración de Pablo Novoa.

Sergio Lagartija é un DJ vigués que leva 15 anos facendo bailar cunha mestura de estilos, e Rafa Morcego traballa en A Reixa e na discoteca Ruta.

O abono de lanzamento segue á venda ata o 1 de xuño en Clicentradas.es, Ticketea.es e Ataquilla.com a un prezo de 26€ + gastos, e a entrada diaria: 18 € + gastos. Este ano haberá acampada solidaria: por tres€ euros os asistentes pódense instalar coas súas tendas de campaña nun espazo acondicionado para a ocasión. A recadación doarase integramente aos refuxiados sirios.

Comentarios