De Guindos cre que a venda de parte de Bankia confirma o cambio de percepción na banca española

O ministro de Economía e Competitividade, Luís de Guindos, asegurou hoxe que a venda do 7,5 % de Bankia é un "sinal" de que se produciu un cambio de percepción respecto ao sistema financeiro español.

Durante a súa participación no Foro Project Europe Madrid Town Hall, organizado en Madrid polo Berggruen Institute on Governance e a Casa de América, o ministro dixo que esta operación confirma a nova realidade da banca española.

O ministro recordou que o Estado seguirá estando presente no accionariado de Bankia a través do FROB, o fondo do rescate español, que tras a venda da mencionada participación "aínda terá mais do 60 % de Bankia". Segundo dixo, a venda do 7,5 % de Bankia a investidores institucionais incrementará a liquidez do valor.

A operación vaise a realizar a través dunha colocación acelerada de accións cun valor de mercado próximo aos 1.360 millóns de euros.

Comentarios