De Guindos: ''Conseguimos devolver a entidade ao mercado''

O ministro de Economía, Luis de Guindos, celebrou este xoves a venda de NCG Banco ao banco venezolano Banesco "sen ningún tipo de axuda pública adicional" porque supón devolver ao mercado unha entidade nacionalizada, aínda que avisou que aínda quedan por privatizar Cataluña Caixa e Bankia.

"Unha entidade que foi nacionalizada non hai moito conseguimos devolvela ao mercado", dixo Guindos en declaracións á prensa tras a reunión do Ecofin. "Cando se ve cal era a situación hai simplemente un ano e o que se conseguiu agora, hai un cambio notable desde o punto de vista da percepción e do sentimento", subliñou.

No entanto, o ministro de Economía apuntou que as crises bancarias son "complexas" e "difíciles" e que aínda nos quedan outras dúas pezas desde o punto de vista da privatización, que son Catalunya Caixa e sobre todo a fundamental, que é Bankia".

Comentarios